¿QUE E MEGADIVER?

O grupo empresarial MEGADIVER naceu no ano 2004, e dende entón desempeña un incansable labor encamiñado a mellorar a calidade de vida das familias, a educación e a conciliación laboral, prestando servizos socioeducativos e para a comunidade, que proporcionan aos diferentes colectivos sociais os recursos e medios necesarios para alcanzar e manter o seu benestar.

Cunha filosofía de traballo orientada cara ao cliente e usuario, e coa excelencia nos resultados como meta e como medio, os servizos prestados por Megadiver gozan de gran prestixio e en pouco tempo se converteu nunha das empresas de referencia no sector, pola calidade dos seus servizos e a satisfacción dos seus clientes.
Isto conseguiuse sumando o esforzo de excelentes profesionais con gran talento e vocación que lograron que os servizos e proxectos de Megadiver estean entre os mellor valorados na súa especialidade.

Megadiver é moito máis que un grupo empresarial, é unha gran familia de profesionais que están á súa disposición para satisfacer as súas necesidades e as da súa comunidade.